02 diciembre 2012

RECICLANDO...CREAMOS

Este pasado xoves na nosa aula quixemos levar a cabo un OBRADOIRO DE ADORNOS DE NADAL CON ELEMENTOS DE REFUGALLO.
Tapas de botes de cristal, tapóns, chapas de botellas, cartóns de papel de baño, cápsulas de café, bombillas fundidas...Aprendemos que TODO pode ter un segundo uso e que REUTILIZANDO estes materiais que normalmente tiraríamos ao polvo...podemos crear moitas cousas.
Potenciar a creatividade nos máis pequenos é imprescindible (dentro dos meus ideais educativos está en segundo lugar..jeje o primeiro posto é do respecto aos seres vivos, sexan persoas, animais ou plantas)
Velaquí tedes un resumo fotográfico de como aconteceu o obradoiro. Dar as grazas ás colaboradoras que tivemos connosco, que se esforzaron moito e compartiron o seu tempo con nós: Indira, Juani, Gloria e Ana: MIL GRACIÑAS!!
Disfrutade agora co proceso.O resultado final...verédelo nuns días!!






Ademáis destes adornos tamén creamos un calendario de decembro con vasos de iogur que...dentro levan sorpresa!!!
Ai mañá cando empecemos a rachar os vasitos...qué sorpresiñas haberá dentro?? Comeza a conta atrás para as vacacións de Nadal...e para que nos visite un amiguiño especial que ven todos os anos no mes de decembro...quen será??



7 comentarios:

ALBA dijo...

Da gusto como traballamos, que bolboretas tan traballadoras, aproveitan e reciclan de todo. o calendario que fixemos foi moi guai. besiños a todas as bolboretas.

Escola de Silvoso dijo...

Buenoooo, que cousas tan chulas! Estamos desexando ver o resultado final. Bicos!

Saleta dijo...

Jejeje Qué gusto da ver os vosos comentarios!!! Alba...mañá temos que ler todos os que temos pendientes!! Bicos!!

Ana dijo...

Que requeteespectacular!!
Yo quiero un árbol así!!
algo haremos... siempre inspirandonos Sale!
un beso (estoy deseando ver como queda)


Anónimo dijo...

GRAZAS A TODOS POLOS COMENTARIOS!! BESITOS DAS BOLBORETAS

Audición e linguaxe dijo...

Xa volo dixen o venres pero non me cansarei de repetilo ¡¡quedáronvos uns adornos preciosos!! Fomentando o respecto polo medio ambiente e tendo en contas as tres "erres" : Reciclar Reutilizar, Reducir. ¡Un traballo fantástico! ¡¡Biquiños!!

Saleta dijo...

Graciñas Dolores!!!Gústanos moito reciclar!! Besitos das Bolboretas