23 diciembre 2012

MARCHAMOS DA INDIA PERO MOI SATISFEITOS! SHUKRIYA!


Este mércores tivemos unha visita moi especial. Primeiro veu Ana, a nai de Paco, para ensinarnos cómo se coloca o DHOTI, traxe típico dos homes na India. Tamén nos trouxo paz e harmonía cunha lámpara de aceite e unhas velas aromáticas, e por suposto non faltou o agradable incienso.
Ensinounos fotografías da viaxe que fixo á India no ano 2005, fermosa experiencia.


 Preme enriba desta imaxe para ver como se coloca un dhoti

Pero non rematou aí a nosa mañá hindú...A continuación tivemos a sorte de contar con dúas personas representantes na Coruña da Fundación Vicente Ferrer. Podedes obter máis información se premedes no seguinte enlace: FUNDACIÓN VICENTE FERRER


 Yolanda Ferrer e o seu marido, compartiron con nós experiencias da vida de moitos nenos e nenas hindús, aos que a fundación lles axuda para ter unha vida mellor. 
Contamos coa colaboración da profe Marisol, que vestiu o sari que trouxo Yolanda, con moito estilo e que lle quedaba fermosísimo. Como se de unha muller hindú se tratara...guspísima, Marisol!!




Quero dar as grazas a todos eles pola súa colaboración e por compartir o seu tempo con todos os nenos da escola de Carrio. É unha experiencia que non esqueceremos."Shukriya..."


Preme enriba desta imaxe para ver o vídeo! Disfruta!
             

2 comentarios:

Ana dijo...

Estuvo genial, una grata experiencia!. Un abrazo y gracias a tod@as!

Audición e linguaxe dijo...

Vaia experiencia máis completa e interesante. Sodes xa verdadeir@s coñecedores da India. ¡¡Noraboa e biquiños!!