30 septiembre 2012

ONDE VIVES TI? EU EN BERGONDO

Esta semana estivemos traballando entre outros, aspectos relacionados co concello de Bergondo, temática central deste primeiro trimestre. Aquí aparecen as bolboretas creando as súas contas para facer posteriormente colares ou pulseiras, como facían os xoieiros, profesión típica da zona. Xa veredes qué fermosos van quedar.


Moitas grazas ás familias que estades colaborando no proxecto, xa que sin a vosa axuda...nada disto sería posible!
Aquí tedes algunha das fotos que temos co material que os nenos e nenas van traendo.




Por último, aquí tedes unha reportaxe dalgúns dos contidos que traballamos esta semana. Tamén aproveitamos para buscar na PDI no programa google maps onde está Carrio, entre outros lugares. Coñecimos onde está a Casa do Concello e situamos Bergondo nun mapa. Pintamos libremente casas do bosque, de campo...
Seguimos traballando...





3 comentarios:

Escola de Silvoso dijo...

Como traballades bolboretas! Cando as vosas xoias estean listas queremos velas , eh! Un bico dende Silvoso!!

Saleta dijo...

Ola silvosiños!! Estamos esperando a ver se nos visita a mamá de Clara que sabe moito, moito do tema! Xa veredes que xoias máis chulísimas facemos! Bicos

Audición e linguaxe dijo...

Eu tamén son de Bergondo, así que me parece E-S-T-U-P-E-N-D-O este proxecto que tedes en marcha. ¡¡Biquiños bolboretiñas!!