03 junio 2012

TRABALLO SOBRE VAN GOGH PARA EXPOSICIÓN


Aquí tedes o resultado de como quedou o noso cartón e a nosa cartolina para o traballo que imos expoñer no CPI Cruz do Sar, máis coñecido por nós como "o cole dos maiores". Este mércores día 6 de xuño, faremos unha visita a ese cole e estamos todos moi nerviosos porque...imos montar en autobús, non imos levar merenda porque alí nos invitan a almorzar e claro...os nosos traballos os van ver moitos nenos e nenas!!
Como xa sabedes, estamos a traballar sobre o artista holandés VINCENT VAN GOGH e a súa vida e obra. 
Pensamos en empregar esas botelliñas de pintura para decorar o noso soporte coa técnica de "chorreo" que outros tantos artistas empregaron nas súas obras.
Fixémolo moi ben, aí tedes o resultado pero ainda queda moito, xa vos ensinaremos que chula nos quedou!


5 comentarios:

Escola de Silvoso dijo...

Uyyyyy, isto promete! Estamos desexando ver o resultado. Nós tampouco acabamos o noso de Picasso, aínda nos queda bastante tamén. Vémonos o mércores!!! Biquiños.

Audición e linguaxe dijo...

Que colorido!! E que divertido tivo que ser facelo ¿verdade? Véxovos mañá e así xa lle boto unha ollada a esa estupenda obra de arte. ¡¡Unha aperta!!

English teacher dijo...

Que gusto da velos subid@s na mesa disfrutando de ser artistas e a profe potenciando ese arte. Vin o resultado na aula e encantoume. Eles estaban superorgullos@s e con razón.Noraboa you are real artists! See you!

Sandrita dijo...

VES COMO ÍAN TER UTILIDADE OS BOTES? JA JA JA

Sandrita dijo...

MOI CHULO... TÉCNICA SIMILAR AO ESTARCIDO.. CREO QUE SE CHAMA ASÍ NON? PERO MOITO MÁIS ORIXINAL A TÚA!! PARABÉNS COMPI!