Esta semana pasada foi a da reciclaxe e o coidado de animais e plantiñas, por iso por fin levamos os comedeiros para casa e colocamos nas árbores da escola 2 niños e 2 comedeiros para que os nosos amigos os paxaros estén contentos e visiten Carrio máis a miúdo. O tema do reciclaxe estuvo moi presente na elaboración dos mesmos xa que a todos os elementos que empregamos démoslle unha segunda oportunidade de uso. Esperamos que vos gusten e que aos paxariños tamén!
3 comentarios:
Segurísimo que os paxariños estarán moi contentos, a partir de agora a ver se os vemos por Carrio....
Biquiños
Estou segura que de aquí han saír nen@s con gran amor polos animais e coidado da natureza. ¡¡Noraboa bolboretiñas, quedáronvos preciosos!!
Esa é a finalidade! Ademáis do feito de reciclar e de que entendan e valoren os obxectos con material de refugallo!!
Publicar un comentario