19 mayo 2012

MERENDAMOS AO SOL





Esta semana aproveitamos que o sol quentou en Carrio dous días para merendar no patio. A verdade é que nos gustou moito estar fóra, xa somos maiores e sabemos o que hai que facer: lavamos as mans, collemos as mochilas e saímos a sentarnos nos bancos. Tiramos os papeis na basura e... A XANTAR!! 




 Somos responsables das nosas cousas, por iso se veñen máis días así, seguramente que voltaremos a facer a merenda no noso fermoso patio.


4 comentarios:

Escola de Silvoso dijo...

Pois claro que si bolboretas!! non temos dúbida de que xa sabedes todo o que hai que facer, así que desfrutade moito dese precioso patio!! Bicos dos silvosiños.

Son do CRA dijo...

Que ben poder merendar ao aire libre, a ver se de aquí o final de curso podedes desfrutalo máis,biquiños volvoretas!!!!

English teacher dijo...

A ver se o sol se anima e volveoutra vez para que podades merendar no patio outra vez. Que ben vos portades!!!

Audición e linguaxe dijo...

Claaaro, agora entendo por que o luns me preguntabades se meredabamos no patio...jeje. Pero non fixo bo e non puido ser. Da gusto ver o maiores que estades xa. ¡¡Unha aperta!!