08 mayo 2012

LUCI, LUCIÉRNAGA





Este xoves pasado tivemos a sorpresa dunha amiga de Juanita, a luciérnaga Luci. 
Ela non estuvo personalmente, pero si deixou unha carta explicando que tiña un traballo a noite do mércores e por iso non puido estar na nosa escola.
O traballo de Luci consiste en alumear pola noite, por iso non pode sair de día!
Para entender mellor como é Luci e sobre todo porque ela xa sabía que tiñamos moitas ganas, agasallounos cunha bola do mundo que ten unha luz e alumea na escuridade!! Así poderemos saber onde están moitos lugares do mundo como por exemplo, Holanda, país de necemento do noso amigo Vincent Van Gogh.
Outra cousa que nos fascinou foi a acollida de dous animais novos para a nosa clase aos que bautizamos co nome de MARTÍN E MARTINA. Damos unha pista: comen follas de zarza, de xeranio ou de rosal e son...INSECTOS PAU!
Agora temos que coidalos e mimalos como estamos facendo cos vermiños de seda.
Por certo, graciñas á mamá de Zeltia, Gloria, porque nos deixou unha casiña para eles!!
Adoramos e respectamos aos animais!

No hay comentarios: