08 mayo 2012

BOLBORETAS E MÁIS BOLBORETAS!!

 ADA trouxo un traballo fermosísimo sobre diferentes tipos de bolboretas: tigre, oitenta e oito, cebra, moucho, transparente...

  CLAUDIA levou á clase unha foto co ciclo que seguen as bolboretas dende que salen do ovo ata que se converten en bolboretas de novo! Así como fotos de vermes de seda.



 Aquí tedes unha foto chulísima de diferentes tipos de bolboretas, a que son fermosas??


ALDÁN levou á clase un estudio perfecto sobre as bolboretas diurnas e nocturnas e algunhas características moi interesantes!


É que agora, xa sabemos cada día un pouco máis!

- Hai bolboretas diurnas e nocturnas. E como as distinguimos? Pois moi sinxelo! As diurnas teñen nas antenas unha especie de bola e as nocturnas teñen as antenas completamente rectas e ás veces con pelo. Outra característica que as diferencia é como descansan cando non voan. Mentres as diurnas xuntan as alas e se pousan coas patas, as nocturnas pousanse co corpo enteiro.

- Na cabeza as bolboretas teñen 2 antenas, 2 ollos e 1 lingua! Si, si...teñen lingua!E cando teñen fame a estiran para chupar das flores pero cando non comen a teñen enroscada coma unha espiral! Por certo, os ollos se chaman ollos compostos  xa que poden ver por eles de forma independiente e os teñen aos lados da cara. Outros animales que teñen os ollos así son as moscas, os salmontes...pero os gatos, os humanos ou as ras teñen os ollos simples.

Aquí temos unha fermosa historia que aconteceu na nosa clase!

Os nosos vermes non deixan de medrar e medrar...

E como nos portamos moi ben (algún día mellor que outros...ejem, ejem) teremos na nosa clase bolboretas de cores para xogar!


3 comentarios:

Escola de Silvoso dijo...

Pero estas bolboretas de Carrio... deixannos abraiados cos seus saberes!! Cantas cousa saben xa! Noraboa!!

English teacher dijo...

Moito aprendemos Cheeky Monkey e eu con vos bolboretas, sodes únicos buscando información. Sabedes un montón sobre "butterflies". Congratulations!

Saleta dijo...

Non sabedes como nos gusta aprender sobre estes animaliños...Son fascinantes!