30 octubre 2011

ANIMAIS ACASTAÑADOS



PASÁMOLO XENIAL FACENDO ESTES ANIMAIS CON CASTAÑAS!!!

MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN PERO SOBRE TODO A MANUELA, INDIRA, JUANI E ADOLFO QUE NOS AXUDARON A QUE ISTO FORA UNHA REALIDADE!

ESPERAMOS SEGUIR CONTANDO COA VOSA AXUDA PARA OUTRAS ACTIVIDADES!!

CONECTADE OS ALTAVOCES E...PASÁDEO BEN COAS FOTOS!

BOA PONTE!

CORRE, CORRE CABACIÑA



XA CHEGOU O SAMAÍN! CASTAÑAS, CABAZAS...CON DISFRACES QUE DAN MOITA RISA!
video
AQUÍ ESTAMOS CANTANDO A CANCIÓN DO CONTO CORRE, CORRE CABACIÑA
Editorial OQO, Texto de Eva Mejuto, a partir dun conto popular portugués
Ilustracións de André Letria

CONTADEIRO VAI Á CASA DE PEDRO

CONTADEIRO FOI A CASA DE PEDRO ESTA SEMANA E PARECE SER QUE O PASOU MOI, PERO QUE MOI BEN!

MOITAS GRAZAS A PEDRO E A SÚA FAMILIA POR COIDAR TAN BEN DE CONTADEIRO. ESTA PONTE CONTADEIRO ESTÁ NA CASA DE ALBA.

XAIME E AS LANDRAS



A SEMANA PASADA A PROFE ISA CONTOUNOS UN CONTO MOI DIVERTIDO :
"XAIME E AS LANDRAS" DA EDITORIAL KALANDRAKA, Autor: TIM BOWLEY
Ilustradora: INÉS VILPI

Xaime plantou unha landra, pero…
antes de que puidese medrar un esquío desenterrouna e agachouna.
Xaime plantou unha landra, xermolou e agromou da terra, pero…

CONTADEIRO VAI A CASA DE CLARA


A SEMANA PASADA CONTADEIRO FOI A CASA DE CLARA E CANDO VOLVEU AO COLE, CLARA CONTOUNOS COUSIÑAS CO NOSO AMIGUIÑO.
MOITAS GRAZAS Á FAMILIA DE CLARA E A CLARA POR COIDAR TAN BEN DE CONTADEIRO.

26 octubre 2011

RECURSOS SAMAÍN

RECURSOS SAMAÍN

Dende o blogue de TICS podemos enlazar con varios xogos divertidísimos sobre o SAMAÍN!

Vos animo a que o visitedes e o pasedes...DE MEDO!!!
Preme enriba do enlace!

CASTAÑAS PRESUMIDAS





ESTAMOS PREPARANDO UNHA BOA PARA ESTE VENRES...JEJE
PERO PARA ISO...AS CASTAÑAS TEÑEN QUE PASAR POLO SALÓN DE BELEZA!

24 octubre 2011

ANIVERSARIO DE PACO




DEBULLANDO O MILLO




GRACIÑAS A ALICIA, ESCOLA DE VIXOI, POLA MATERIA PRIMA, E Á PROFE DOLORES POLA REPORTAXE FOTOGRÁFICA!!!

23 octubre 2011

SAMAÍN 2011

como decorar calabazas para halloween

AQUÍ BOS DEIXO MOITAS IDEAS PARA FACER COAS CABAZAS PARA O SAMAÍN!

Lembrade que as teñen que levar ao cole a partir do martes día 25...uhhhhhhhhh!!

22 octubre 2011

O MEL DA ESTRADA

AI QUE SORTE TIVEMOS ONTE! A PROFE TEN UNHA PRIMA NO CONCELLO DA ESTRADA, PONTEVEDRA QUE SE CHAMA MONTSE, OLA MONTSE...JEJE E QUE FOI MOI BOA E NOS DEIXOU DOUS PANAIS DUNHA COLMEA.

HAI UNS DÍAS MONTSE ESTIVO SACANDO O MEL E COMO A PROFE SALETA QUERÍA QUE OS SEUS NENOS E NENAS VIRAN COMO SE FAI...LEVOU Á CLASE OS PANAIS E O MEL! ESTUVEMOS VENDO ESTE VÍDEO TAN INTERESANTE E XA APRENDEMOS ALGUNHA COUSIÑA PARA CANDO CHEGUE A PRIMAVEIRA FAGAMOS UN PROXECTIÑO DESES ANIMAIS TAN IMPORTANTES PARA O HOME COMO SON AS ABELLAS.
MIRADE, MIRADE...

video

FONTE: youtube.com

E AQUÍ ESTAMOS NÓS PROBANDO O MEL DA ESTRADA...AI QUE BOÍSIMO ESTÁ!!!

HISTORIA DE UN ERIZO EN UN BOSQUE DE HAYAS

SEGUIMOS TRABALLANDO O OUTONO E QUE MELLOR FORMA DE FACELO QUE MESTURANDO...NESTE CASO ARTE, NATUREZA E LITERATURA!

COMO EIXE MOTIVADOR ESCOLLÍN O CONTO DE HISTORIA DE UN ERIZO DE ASUN BALZOLA, EDITORIAL EL JINETE AZUL. FIXEN AS MIÑAS APORTACIÓNS PERSOAIS E CENTRÁMONOS NA ÉPOCA DE OUTONO, COAS PAISAXES DAS ÁRBORES SEN FOLLAS E AS CORES QUE CARACTERIZAN ESTES MESES DO ANO, PERO SEN ESQUECER AOS ANIMALIÑOS DO BOSQUE.

PARA QUE A HISTORIA FOSE MÁIS REAL...INVENTEI NOMES PARA OS PERSONAXES E O NOSO AMIGO OURIZO PÚXENLLE PEPE.

PEPE VIVE NUN BOSQUE DE FAIAS(BOSQUE DE HAYAS)

PARA O TRABALLO DA COR DECIDÍN TRABALLAR CON UN PINTOR QUE ME ENCANTA, GUSTAV KLIMT E A SÚA OBRA BOSQUE DE HAYAS I:

AINDA NON REMATAMOS O NOSO TRABALLO PERO QUEDARÁ PRECIOSO CANDO ESTÉ LISTO. AQUÍ TEDES UN ADIANTO DE COMO PINTAMOS O NOSO BOSQUE.



CONTADEIRO VAI A CASA DE ALDÁN

ESTA SEMANA CONTADEIRO ESTUVO NA CASA DE ALDÁN. CONTOUNOS COUSAS MOI INTERESANTES...QUEREDES VELO?




GRAZAS Á FAMILIA DE ALDÁN E A ALDÁN POR COIDAR DE CONTADEIRO TAN BEN! ESTA FIN DE SEMANA O NOSO AMIGUIÑO ESTÁ NA CASA DE CLARA!!

19 octubre 2011

Sigo mirando polo buratiño... :-)


AQUÍ ESTAN TRABALLANDO OS NENOS E NENAS DE MIÑO...XA VOS DIXEN, QUE TIÑA UN BURATIÑO NO COLE POR ONDE MIRAR... :-)


TAMÉN VEXO QUE O PASADES MOI BEN NO PATIO...



CANDELA MANDOUME UNHA FOTO CO SEU CAN, QUÉ GUAPOS ESTADES!!

DAVID TI TAMÉN SAES!!

CONTADEIRO





Aquí tedes a CONTADEIRO!
E quen é CONTADEIRO?
Un amiguiño noso moi especial pero que iredes vendo que garda un segredo...
Viaxa ás nosas casas para que lle contemos cousas: que nos gusta facer, as viaxes que fixemos ou faremos, se temos animais, plantas...tamén podemos escribir cancións, trabalinguas, poesías...O QUE QUEIRAMOS!
Contadeiro viaxou á casa da profe Saleta e despois á casa de Paco. Moitas grazas á familia de Paco e a Paco por tratar tan ben a CONTADEIRO! Agora está na casa de Aldán, que nos contará o venres cando volva á escola???Estade atentos/as...

MOVEMENTO LAND ART






Aproveitando o xogo que colguei a semana pasada...xa é casualidade que leve tempo con este proxecto na cabeciña e que este verán...por fin, atopara a inspiración divina!

No mes de maio estuven de viaxe en Suiza e quedei NAMORADA das creacións que a xente tiña nos xardíns das súas casas e o respecto co que tratan á natureza e aos seres vivos. Esta impresión tan positiva xa a percibin en máis lugares de Europa así que...por qué non traballar ese aspecto cos nenos de Educación Infantil?

Este verán estuven no Algarve portugués e nas praias que visitei atopei verdadeiras obras de arte...baseadas no MOVEMENTO CONTEMPÒRÁNEO LAND ART.

QUE SIGNIFICA LAND ART?
El Land Art es una tendencia del arte contemporáneo, que utiliza el marco y los materiales de la naturaleza (madera, tierra, piedras, arena, rocas,fuego, agua etc.). Esta expresión inglesa se ha traducido también como «arte de la construcción del paisaje» o «arte terrestre».

EXEMPLOS DE LAND ART


Land Art
Aquí temos unha presentación da Universidade Nacional Autónoma de México onde explica tamén que tipo de arte comprende o Movemento Land Art e artistas desta corrente.

Na nosa clase estamos descubrindo as posibilidades que nos dan as follas, as pedras e as cunchas. Prende os altavoces e mira...




17 octubre 2011

SIGAMOS XOGANDO CO OUTONO!

Aquí vos deixo un recurso moi divertido que atopei nun dos blogues amigos que visito todos os días!


Mirade que cara máis divertida inventei eu...jaja



16 octubre 2011

Ai que ben...déronnos un PREMIO!


Desde o blogue de Educación Infantil dos nenos e nenas de 5 anos do CEIP Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo, chéganos este agasallo. Para poder aceptalo temos que seguir as seguintes instruccións:

1.- Nomear á persoa que dá o premio: OS MERLIÑOS


3.- Escoller 7 blogues amigos:

4.- Poñer unha foto miña:
(Como este blogue non existiría sen os meus nenos...aí vai!)


15 octubre 2011

MARMELADA EN PAPEL...

DESPOIS DE VIVENCIAR A EXPERIENCIA DA MARMELADA DE MAZÁ, AGORA TOCA REXISTRAR O TRABALLO FEITO!

ESTA SEMANA ESTIVEMOS LEMBRANDO OS INGREDIENTES QUE EMPREGAMOS PARA A SÚA ELABORACIÓN E O QUE FIXEMOS CON ELES UNHA VEZ PREPARADOS!


OS INGREDIENTES QUE EMPREGAMOS...
MAZÁS


AZUCRE

AUGA


GOTIÑAS DE LIMÓN

QUE LETRAS LEVA A PALABRA INGREDIENTES?



E QUÉ FACEMOS DESPOIS...?

PELAMOS AS MAZÁS...

CORTÁMOLAS EN ANAQUIÑOS PEQUENOS...

E PESÁMOLAS PARA SABER CANTO AZUCRE PRECISAMOS!


ATA QUIXEMOS VOLVER A FACELA!! AQUÍ TEMOS A ALGÚNS DOS COCIÑEIROS PREPARADOS!