10 octubre 2011

Ollo cos piollos!


Aquí están de novo estes bechiños que fan travesuras nas cabezas... Para poder evitalos ou erradicalos no caso de que fora preciso...botádelle un ollo ás indicacións que fai a Consellería de Sanidade na súa páxina oficial!

Para tomar o asunto con humor...aquí vos deixo unha cancionciña dun piollo e unha pulga que querían casar collido do fabuloso blogue de ORELLA PENDELLA.


O piollo e a pulga

O piollo e a pulga querían casar. (Bis)
Non tiñan panciño para “escomenzar”. (Bis)
Saíu a formiga do seu formigueiro: (Bis)
- “Mandaime” recado que eu son panadeiro. (Bis)
- ¡Ai, miña vidiña, panciño xa temos! (Bis)
Fáltanos carniña. ¿Onde a atoparemos? (Bis)
E saíu o lobo detrás dun outeiro: (Bis)
- “Mandaime” recado que eu son carniceiro. (Bis)
- ¡Ai, miña vidiña, carniña xa temos! (Bis)
Fáltannos manteis. ¿Onde atoparemos? (Bis)
E saíu a araña da súa arañeira: (Bis)
- Sígase esa voda que eu son tecedeira.
-¡Ai, miña vidiña, manteis xa temos! (Bis)
Fáltanos gaiteiro. ¿Onde o atoparemos? (Bis)
E saíu o grilo dende o seu “buxeiro” (Bis)
- Por iso non quede, que eu son o gaiteiro. (Bis)
-¡Ai, miña vidiña, gaiteiro xa temos! (Bis)
Fáltanos madriña. ¿Onde a atoparemos? (Bis)
E saíu a ra da poza veciña: (Bis)
- Sígase esa voda que eu son a madriña. (Bis)
-¡Ai, miña vidiña, madriña xa temos! (Bis)
- Fáltanos padriño. ¿Onde o atoparemos? (Bis)
E saíu o rato do seu buraquiño: (Bis)
- Se prenden o gato, eu serei padriño (Bis)
No medio da voda, con tanto ruído (Bis)
espertou o gato e comeu o padriño. (Bis)
Casto Sampedro: “Cancioneiro....”

No hay comentarios: