19 octubre 2011

MOVEMENTO LAND ART






Aproveitando o xogo que colguei a semana pasada...xa é casualidade que leve tempo con este proxecto na cabeciña e que este verán...por fin, atopara a inspiración divina!

No mes de maio estuven de viaxe en Suiza e quedei NAMORADA das creacións que a xente tiña nos xardíns das súas casas e o respecto co que tratan á natureza e aos seres vivos. Esta impresión tan positiva xa a percibin en máis lugares de Europa así que...por qué non traballar ese aspecto cos nenos de Educación Infantil?

Este verán estuven no Algarve portugués e nas praias que visitei atopei verdadeiras obras de arte...baseadas no MOVEMENTO CONTEMPÒRÁNEO LAND ART.

QUE SIGNIFICA LAND ART?
El Land Art es una tendencia del arte contemporáneo, que utiliza el marco y los materiales de la naturaleza (madera, tierra, piedras, arena, rocas,fuego, agua etc.). Esta expresión inglesa se ha traducido también como «arte de la construcción del paisaje» o «arte terrestre».

EXEMPLOS DE LAND ART


Land Art
Aquí temos unha presentación da Universidade Nacional Autónoma de México onde explica tamén que tipo de arte comprende o Movemento Land Art e artistas desta corrente.

Na nosa clase estamos descubrindo as posibilidades que nos dan as follas, as pedras e as cunchas. Prende os altavoces e mira...




4 comentarios:

Audición e linguaxe dijo...

Paréceme unha actividade preciosa,Saleta. Nas fotos vese que sairon unhas obras moi creativas e fermosas.Noraboa bolboretas!! Unha aperta!!

Saleta dijo...

Gústame ata a min facer cousas! ë relaxante polo tactom polas formas...vamos que...están pasándoo pipa!

Inma (nai de Alba) dijo...

E precioso o que se pode facer coas cousas ás que non lle damos importancia. Noraboa pola túa capacidade de inventiva, Saleta.

Saleta dijo...

Ola Inma! Moitas grazas polo teu comentario! A verdade é que ás veces non nos damos conta de que con pequenas cousas que a natureza nos da...podemos facer verdadeiras obras de arte, e os adultos tamén! Bicos e boa finde