03 septiembre 2011

Comezamos novo curso


Ola amiguiñas e amiguiños!
Aquí estamos de novo neste curso 2011- 2012. Hai cambios en todos os aspectos xa que agora estou no CRA de Bergondo, na Escola de Carrio, así que neste blogue iremos contando o día a día dos 14 nenos e nenas de 3 anos dos que vou ser titora.

Quero mandar vía internet moitísimos bicos aos meus nenos do CPI Castro Baxoi en Miño que xa son moi grandes e pasan para 4 anos. Outros tantos bicos para os nenos que pasan para 2º e desexarlles moi bo curso, ainda que...son tan traballadores...que sei que o terán. Non me podo esquecer dos meus nenos de Moraña que tamén pasan para 2º( ai...como pasa o tempo) e que estarán moi maiores e responsables, non si? E por suposto, ainda que queda bastante atrás no tempo, para os meus nenos de Perillo que xa pasan para 3º.

Tamén quero empezar este novo curso dando moita sorte ás miñas compañeiras e compañeiros de Miño, en especial a María José, que é a que vai ter ao meu grupo, ánimo!
Miles de bicos para a miña xente de Moraña, quérovos ben a todos os que quedades por aló e aos que estades repartidos polo mundo jeje
Aos compañeiros de Perillo unha aperta moi xigante!

Así que...3, 2, 1...COMEZAMOS!


2 comentarios:

María dijo...

¡ Mucha suerte Saleta ! , que tengas un buen comienzo de curso y además darles la enhorabuena a esos niños de tres años por la suerte que han tenido con la profe tan buena que les tocó .
Un beso compi .

Saleta dijo...

Ai María! Moitas grazas polos ánimos! Verémonos prontiño. Coida dos meus nenos grandes e pequenos. Bicos