10 febrero 2010

ANTROIDO, ANTROIDÓN...QUE ME POÑO PARA O FESTÓN???

O alumnado de 6º de Primaria está a darlle vida por uns días a D. Fachico Odemo Televeó moneco do entroido, e de facer que se cumpran as súas últimas vontades. A semana que ven, antes de enterralo oura vez, lerán o seu testamento.

Tres, só tres, son os últimos antollos do noso amigo. Consisten en que, cada día previo á celebración do venres (martes, mércores e xoves), para ir quentando motores, vaimos traendo todos, de forma colectiva e voluntaria, algún elemento “entroidil”, adorno, complemento..., segundo o que, presuntamente, nos ordea o noso entroido. Estas ordes iranse poñendo diariamente nun cartel sobre o propio moneco, así...


o martes comeza a festa.

Bótalle imaxinación

e adorna a testa.


Mañá(mércores) con algo do revés

Xa verás que graza tes.


Mañá(xoves) todos con babeiro

para facer como o entroido

que é moi larpeiro.


No hay comentarios: