31 enero 2009

TRES, DOUS, UN...DESPEGAMOS!!!








As 4 aulas de Educación Infantil comezamos a traballar unha nova temática: O UNIVERSO, aproveitando que este ano 2009 é o ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA.
A colaboración das familias, unha vez máis, é importantísima. Grazas a esto, @s nen@s están motivados e traen das súas casas información sobre o tema a través de moitos soportes: libros, películas, xogos, documentación recopilada en Internet, información da Biblioteca do Concello...
Cada clase escolleu un nome, en torno ao que xirará o seu proxecto particular, así:
3 anos: CLASE DA LÚA
4 anos: CLASE DAS ESTRELAS
5 anos: CLASE DA TERRA
Mixta(3 e 5 anos): CLASE DOS SOLES
Por iso en nome das miñas compañeiras e no meu propio quérovos dar as grazas pola vosa implicación, desexando de todo corazón que a viaxe polo UNIVERSO sexa...inolvidable pero sobre todo divertida!!
TRES, DOUS, UN...DESPEGAMOS!!!

No hay comentarios: