23 febrero 2008

O LOOOOOOOOOOBO!

Aquí están as caras de...

RISA!!!
ATENCIÓN!!!
INTERESE!!!
MEDO!!!







Este venres día 22 de febreiro tivemos unha actividade de títeres no cole. O conto a representar foi "Pedro e o lobo". Foi unha boa experiencia xa que fixemos grupos mixtos de todos os niveis de idades de 3 , 4 e 5 anos e 1º de primaria.

16 febrero 2008

RECICLANDO O PAPEL



Onte(venres) levamos o papel ao contenedor para reciclalo. Entre tod@s aprendemos que o contenedor onde temos que botalo é de cor azul.
Cando estabamos collendo todos os papeis, cartóns...atopamos bolsas de plástico, envoltorios de caramelos...e todo iso temos que botalo no contenedor amarelo.

Como non podía ser doutro modo, tiñamos ao lado o contenedor de cor verde." Que teremos que botar nel? " A partir da semana que ven imos ter unha caixa de cada cor para separar o lixo e desa forma pouco a pouco, ir aprendendo e colaborando no coidado do medio ambiente.

QUE DESEXA TOMAR...?




Como estamos traballando os alimentos, o martes decidimos xogar aos restaurantes. Tratábase de que o encargad@ de cada equipo repartira pratos, cubertos, vasos e comida aos seus compañeir@s. Ese encargad@ era o/a camareir@ que tiña a función de servir na mesa. O máis simpático foi escoitar as conversas que mantiñan entre eles, coma se de un restaurante de verdade se tratara! Saquei fotos a todos os equipos, pero ás veces unha é un pouco manazas e...elimineinas sin querer! Non vos preocupedes, porque hai un video no que salen as 5 mesas.

CANDO PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO SE ABRAZAN...VÓLVENSE VERDES!

Esta semana fixemos un traballo de experimentación a partir da lectura do conto "Pequeno azul e Pequeno amarelo". Para comprobar que cando estas cores se xuntan, vólvense verdes como ocorre no conto cando se abrazan, nada mellor que facelo para que realmente veamos que é así. A verdade é que entenderon o proceso moi ben, e o máis importante de todo: pasámolo...xenial!

09 febrero 2008

SAÚDE E BOS ALIMENTOS!



A volta ao cole despois da festa de Antroido deu para facer poucas cousas, pero non por iso menos interesantes.
Comezamos a traballar a temática da alimentación. Imos facer un mural cos diferentes tipos de alimentos e tamén comezaremos a traballar as merendas equilibradas e saudables.
Xa recibiredes información pola miña parte.

A partir desta semana que ven tamén vos enviarei ás familias unha proposta para traballar contidos matemáticos coa vosa colaboración. Se trata de que vaiades buscando todo tipo de soportes onde aparezan números e formas. Non importa os números ou as formas que sexan. Os números están en moitos obxectos que temos o noso arredor: nas matrículas dos vehículos, nas entradas de espectáculos, nas sinais de tráfico, nas caixas, envoltorios,etiquetas, recipientes... A nosa casa ou piso ten un número. Temos un número de DNI, de teléfono... Temos unha altura, un peso, uns anos...En todos esos obxectos ou aspectos están os números escondidos e nos na clase de 3 anos imos a comezar a descubrilos.

01 febrero 2008

QUE GUAP@S A QUE SI...?


Aquí estamos mamis e papis! Despois do ataque vírico que sufriu servidora o mércores e o xoves, hoxe non podía faltar para poñer ben guapos e guapas aos artistas. Espero que vos gustara o disfraz! Para aquel@s que non puideron vir...non pasa nada, acordámonos de tod@s vos! Recuperádevos!! Xa podedes ver as fotos, están colgadas no apartado das mesmas.Mil biquiños a tod@s e BO ANTROIDO!!

QUEREMOS A PAZ...TODOS OS DÍAS.




No colexio o mércores festexamos o Día da Paz e fixemos varias actividades. Entre elas:

- Falamos da pomba da paz

- Traballamos coa pomba de Picasso

- Aprendimos unha canción e a cantamos no pavillón co resto do ciclo

- Fixemos debuxos d@s n@s@s amig@s ...