09 febrero 2008

SAÚDE E BOS ALIMENTOS!



A volta ao cole despois da festa de Antroido deu para facer poucas cousas, pero non por iso menos interesantes.
Comezamos a traballar a temática da alimentación. Imos facer un mural cos diferentes tipos de alimentos e tamén comezaremos a traballar as merendas equilibradas e saudables.
Xa recibiredes información pola miña parte.

A partir desta semana que ven tamén vos enviarei ás familias unha proposta para traballar contidos matemáticos coa vosa colaboración. Se trata de que vaiades buscando todo tipo de soportes onde aparezan números e formas. Non importa os números ou as formas que sexan. Os números están en moitos obxectos que temos o noso arredor: nas matrículas dos vehículos, nas entradas de espectáculos, nas sinais de tráfico, nas caixas, envoltorios,etiquetas, recipientes... A nosa casa ou piso ten un número. Temos un número de DNI, de teléfono... Temos unha altura, un peso, uns anos...En todos esos obxectos ou aspectos están os números escondidos e nos na clase de 3 anos imos a comezar a descubrilos.

No hay comentarios: