Aquí estamos mamis e papis! Despois do ataque vírico que sufriu servidora o mércores e o xoves, hoxe non podía faltar para poñer ben guapos e guapas aos artistas. Espero que vos gustara o disfraz! Para
aquel@s que non puideron vir...non pasa nada, acordámonos de
tod@s vos! Recuperádevos!! Xa podedes ver as fotos, están colgadas no apartado das mesmas.Mil biquiños a
tod@s e BO ANTROIDO!!
8 comentarios:
Ola! Gústame o voso disfraz! E, de seguro que o pasastes moi ben.
Gracias sapoconcho! E que tal vos por Vilanova? Nos pasámolo de maravilla!!!
Pois por Vilanova pasámolo tamén de marabilla; algo cansos ó final (os profes, que ós nenos non hai quen os canse), xa que foi unha semaniña destas de non parar.
Hola Saleta!!!
Pero que guapos quedaron todos!! xa me dixo Patri que estiveras enferma o xoves, pero lista e a punto para o venres, como podo ver, alégrome; eu tamén enferma... gastroenteritis... tiña que tocar, xa empecei o xoves tamén,
UN bikiño!!
Ola!!
Estades moi guapos disfrazados!!! Incluida a profe!!
Alédome de que xa estes recuperada.
Biquiños dende Arteixo
HOLA: SON A MAMA DE BREIXO,QUE PENA QUE NON POIDERA IR EL....PERO BUENO XA VOS VE O MERCORES.....UN BICAZO.
Breixo! Pobre...que tal está? Xa me dixeron que estaba maliño. Non pasa nada porque o disfraz del vaino levar para casa e se non é este Antroido, xa será o seguinte. Moitos biquiños Breixo, recupérate! Ata mércores!!
Ola Anita! Xa visitei a páxina da vosa clase e @s nen@s de Arteixo tamén estaban ben guap@s. Vilma e Pedro, que orixinal! Que tal estás ti? Como levas o concurso? Bicos
Publicar un comentario